O TRABALLO DO ORIENTADOR /A LABORAL
Os modelos na intervención laboral:
- Modelo didáctico: Parte dunha visión do proceso orientador como guía. Onde o persoal técnico ten a función de aconsellar.
- Modelo de asesoramento: o papel do persoal técnico é acompañar e asesorar.
- Modelo centrado en recursos: onde a orientación é un proceso facilitador con pequenas metas a curto prazo.
Os principios nos que se basea a Orientación:
- Individualización: responder ás necesidades e circunstancias das persoas participantes.
- Flexibilidade: debe permitir os axustes necesarios provocados por novas situacións, actividades e/ou informacións das persoas usuarias
- Busca de autonomía/ desenvolvemento: potenciar a autonomía de cada participante.
O fío condutor da Orientación Laboral sera atención individualizada como unidade básica de actuación, podendo realizarse tamén accións grupais. Onde o obxectivo xeral será facilitar o desenvolvemento dos recursos e competencias das persoas usuarias que lle permitan identificar opcións, elixir entre estas, tomar decisións para planificar actuacións e avaliar os resultados.
Obxectivos específicos: Recoller información sobre a traxectoria formativa e laboral, a sua situación social e características persoais.Valorar e configurar o perfil, asi como as habilidades
Facendo unha especial mención aos colectivos en risco de exclusión e a persoas con discapacidade
Algunas das funcións das e dos orientadores laborais:
Realizar entrevistas ocupacionais e de clasificación
Realizar orientacións laborais
Informar e asesorar ás persoas usuarias
Facer seguimentos
Ofrecer información sobre as tendencias do mercado laboral
Tema 12: O traballo do orientador laboral. Itinerarios de inserción
Un itinerario de inserción é un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten coma obxectivo a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional, a través da información e o asesoramento. Consta de 3 fases:
- Diagnóstico personalizado
- Intervención orientadora
- Supervisión ou avaliación continua
Fases dun itinerario:
ACOLLIDA: onde se lle explican as características do servizo, delimitanse roles, valorase a motivación, crease un vínculo de confianza.
Finaliza co diagnóstico de empregabilidade
DIAGNOSTICO: Recoller e valorar a información sobre a empregabilidade.
- Caracterśitcas persoais: traxectoria laboral, curriculo oculto, situación social
- Actitudes e aptitudes: hábitos de busca de emprego, habilidades cara o emprego e actitude cara a formación e o emprego
- Análise Dafo.
DEVOLUCIÓN E COMPROMISO:
- Tomar decisións
- Fixar un itinerario
- Establecer un compromiso de participación
SEGUIMENTO E ACOMPAÑAMENTO: desenvolver capacidades e actitudes.
Titorías, Obradoiros
ENTREVISTAS SEGUIMENTO: Supervisar o proceso e resolver dúbidas.
ENTREVISTAS DE MANTEMENTO: atender e dar soporte unha vez que xa ten o posto de traballo.
ENTREVISTAS DE RENOVACIÓN: Avaliar as competencias adquiridas, definir novas necesidades, avaliar o itinerario,
PECHE: Finalización do proceso de intervención
Tema 13: Procesos individuais de orientación e axuda a toma de decisións.
Entrevista de orientación laboral ten como finalidade determinar a adecuación das persoas candidatas a un determinado posto de traballo.
Tipos:
- Entrevista dirixida: preguntas concretas e moi específicas.
- Entrevista semidirixida: preguntas concretas e algunhas abertas
- Entrevista grupal: debater un tema e sacar conclusións.
Tema 14: Análise de perfís profesionais e prospección de emprego
Coñecer os postos de traballo existentes e os novos xacementos de emprego e as características principais que define as ocupacións son tarefas fundamental das e dos orientadores laborais.
Prospección empresarial é unha ferramenta básica que permite mellorar o coñecemento da realidade empresarial, detectando as necesidades. Coñecer a incidencia e as consecuencias que ten no emprego os cambios tecnolóxicos, organizativos que poden ter as actividades económicas.
Fases:
- Preparatoria: delimitar a finalidade da mesma, obxectivos e ámbitos de actuación.
Análise da contorna.
Unha vez realizado o análise dos perfís da spersoas candidatas, establecense criterios para determinar os ámbitos de actuación: xeográfico, ocupacional, funcional e temporal.
- Planificación: Identificación das empresas, identificación das variables e indicadores, elaborar ficheiros de empresas base de datos
- Traballo de campo: Toma de contacto coa empresa
- Avaliación e seguimento: a información recollida ten que ser depurada, gravada, analizada e interpretada.
Tema 15: Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego.
O curriculo vitae é a ferramenta fundamental para a procura de emprego. Importante facer unha reflexión sobre a historia profesional e obxectivo laboral.
A carta de presentación debe acompañar ao curriculo. Deben ser personalizadas á oferta ou a empresa, e será breve e estruturada.
Entrevistas:
Segundo o número de entrevistadores: individual, múltiple, de grupo.
Segundo o método: dirixida, libre e mixta.
Segundo o enfoque: curricular, por competencias,
Segundo o estilo: conciliadora, agresiva
Recursos para o autoemprego:
IGAPE, Consellería de Traballo e Benestar, Consello Galego de Cooperativas, Rede EUSUMO, Oficina do empregador,
Tema: 16. Elaborar un Plan de Empresa
Introdución
O estudo de mercado
Análise DAFO
As variables da mercadotecnia
A segmantación do mercado e a estratexia
A previsión de vendas
Análise economico-financieira dun proxecto