ACTÍVATE!

ACTÍVATE!

sábado, 29 de novembro de 2014

Reflexión individual módulo III



Neste módulo 3 nos ocupamos do marco instrumental do orientador laboral, nos cinco temas que encadran este módulo centrámonos no traballo do orientador laboral e os distintos instrumentos e ferramentas que emprega no seu traballo.

Comezamos coa intermediación laboral e os distintos modelos que existen xunto cos principios nos que debe basearse a orientación laboral coas accións a realizar e prestando atención os colectivos con maiores dificultades para a inserción laboral como por exemplo as persoas con discapacidade co obxetivo de orientar e informar os nosos usuarios sobre os recursos para mellorar a súa empregabilidade. Para tan importante labor e tendo en conta as distintas funcións que lle son encomendadas o perfil do orientador é heteroxéneo e debe reunir nunha misma persoa unha serie de competencias tanto técnicas como intanxibles.

Continuando co proceso de orientación laboral vemos como o itinerario aparece ligado a inserción sociolaboral. Este itinerario ten un esquema base con diferentes pautas .Na nosa labor como orientadores debemos axudar os nosos orientados e deseñar distintos Itinerarios Persoalizados de Inserción tendo en conta as características da persoa demandante. Traballaremos cos nosos usuarios a preparar unha entrevista de traballo que é a porta de entrada cara ese futuro traballo e para elo o orientador debe coñecer os diferentes tipos de entrevistas, onde atopar fontes de información e cal son os novos perfís profesionais.

Ademais da orientación propiamente dita o orientador pode levar a cabo labores de prospección empresarial cun dobre enfoque por unha parte fomentar as oportunidades de emprego das persoas con dificultades de inserción e por outro que os empresarios coñezan os recursos humanos dispoñibles para que poida cubrir as súas ofertas de emprego.

Como xa vimos anteriormente tras coñecer as entrevistas de traballo é importante coñecer técnicas e ferramentas de emprego desde as mais tradicionais como os cv e as cartas de presentación ata outras ferramentas mais innovadoras. Na imaxe aparece as redes sociais como ferramentas innovadoras e en pleno auxe para a búsqueda de emprego.
 
 


O proceso de selección variou o longo do tempo e as empresas empregan distintas probar para dar co candidato mais idóneo. Ademais de todo isto para min unha ferramenta ou medio para atopar emprego que se atopa sempre vixente é o networking, a nosa rede de contactos é moi valiosa para acceder a un futuro emprego.

Por último o orientador non só está para o emprego por conta allea senón tamén para o autoemprego, as persoas que optan por esta vía deben valerse dun instrumento fundamental o plan de empresa que é como o documento onde se vai plasmar por escrito a idea de negocio . Se resulta inconcibible que unha persoa constrúa unha casa sen uns planos tamén o é que queiramos montar un negocio sen un plan de empresa que ademais non só vai axudar no momento inicial senón tamén a folla de ruta do emprendedor .
 Na imaxe que se expon a continuación aparece o esquema do plan de empresa:
 
 
















Ningún comentario:

Publicar un comentario