ACTÍVATE!

ACTÍVATE!

venres, 10 de outubro de 2014

A VISION DO BOSQUE


A VISIÓN DO BOSQUE.
Rocío Trastoy García

No primeiro módulo, vimos coñecementos básicos, isto é os alicerces da Orientación Laboral.
Sirvenos de referencia para coñecer o Servizo Público de Emprego Estatal e o Servizo Público de Emprego de Galicia e así coma as súas Políticas de Emprego, sendo un dos puntos máis febles os recursos económicos destinadas para elas.
Non existe unha visión realista, e actúamos sobre parcelas non sobre a realidade en xeral. 

Expoño algúns exemplos da percepción parcial:
Todas as persoas teñen acceso á Formación Profesional? Centrándonos na modalidade a distancia, está concentrada nas grandes cidades, e son moi poucos os ciclos que se ofertan e con moi poucas prazas. 
Noutro dos temas, Política Social e Emprego na UE, ensinanos ampliar as opcións de búsqueda de traballo en Europa, a como homologar os estudos.
E por último, que non menos importante, o Emprendemento, onde non temos a formación axeitada. As carreiras universitarias terían que ter un enfoque sobre o emprendemento, e que éste fose desde un punto de vista positivo. Tamen contando que nas políticas de emprego se destinen máis recursos economicos para isto.



Costanos moito traballo ver un bosque desde fóra. Sempre vemos o bosque cando estamos dentro del. Ter unha visón global é difícil, un exemplo é que facemos Plans, Proxectos, Estudos, Medidas,…, máis concretamente Plan de Emprego Xuvenil, destinado a menores de 30 anos, esta medida levase a cabo porque hai moito desemprego dentro deste colectivo. Entón o que normalmente se fai é que teñan prioridade no acceso á formación para persoas desempregadas, nas axudas á contratación, axudas ao emprendemento, entre outras.

Que pasaba fai dous anos no caso da formación AFD, tiñan prioridade os PREPARA, os IPIs das oficinas de emprego.Neste momento, onde hai moitas persoas desempregadas, onde cada vez hai, menos recursos, e cada vez poñense mais trabas para acceder a eles.
Que facemos? Parchear.
Que pasa coas persoas que son maiores de 30 anos que queren facer formación ocupacional, que queren facer un curso AFD. Poden acceder? Tendo en conta que teñas a ESO. No caso de non ter a Eso, poderías facer competencias clave. E se aprobas, poderías facer un curso AFD? Si, pero seguramente non te chamen se non tes nestes momentos, menos de 30 anos.

Páxina 18



A outra perspectiva, desde a visión global, o bosque desde fóra sería o a unión baixo o mesmo nome das familias profesionais da Formación Profesional e das Accións formativas para desempregadas e desempregados.  
Neste sentido, sería básico introducir módulos de emprendemento na Formación Universitaria como se esta a facer na Formación Profesional. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario