ACTÍVATE!

ACTÍVATE!

venres, 10 de outubro de 2014

Reflexión individual do módulo 1

 A viaxe que comeza cara a orientación laboral comeza cunha primeira parada na que podemos coñecer o marco conceptual da orientación laboral na que atopamos  o Servizo Nacional de Emprego dentro do cal está  o Servizo Público de Emprego (SEPE) e o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) as súas funcións e estructura. Coñecemos tamén o marco actual da política de emprego en España coas políticas de emprego sobre todo as  activas de emprego e finaliza a nosa parada coas políticas de emprego en Europa en que estudiamos a Estratexia Europea de Emprego 2020. 

O mais interesante deste tema para min  porque tamén conecta coa última parada da nosa viaxe inicial é a Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización é necesario a creación dun contexto normativo para  mellorar a competitividade de España, por iso é aquí a razón da aprobación desta lei que  ten por obxecto apoiar ao emprendedor e a actividade empresarial, favorecer o seu desenvolvemento, crecemento e internacionalización e fomentar a cultura emprendedora e un ámbito favorable á actividade económica, tanto nos momentos iniciais o comezar a actividade, como no seu posterior desenvolvemento, crecemento e internacionalización. 

   A nosa seguinte parada nos serviu para coñecer o mercado laboral, que é e a  clasificación do desemprego existente . Tamén estudiamos os indicadores do mercado de traballo e a situación do traballo actual cos novos xacementos de emprego, as ocupacións e os instrumentos e ferramentas para o estudo do mercado cos distintos observatorios que nos permiten extraer información  que axude os nosos orientados na busca de traballo.

Na nosa terceira parada coñecemos o marco das competencias profesionais,as vías de acceso e os mecanismos para a obtención das competencias clave e os certificados de profesionalidade, unha serie de ferramentas que se poden usar para aumentar a empregabilidade dos demandantes de emprego e para mellorar tamén a empregabilidade das persoas que están traballando. A min este tema pareceume particularmente interesante os certificados de profesionalidade sobre todo neste momento que está en plena vixencia en ocupacións como por exemplo as auxiliares de servizo a domicilio  que a partir de finais do ano que ven  que van a necesitar como requisito imprescindible este certificado se querer traballar no ámbito das persoas dependientes e que provoca unha grande demanda por parte das traballadoras actuais moitas das cales actualmente non o posuen.

Esquema do procedemento de recoñecemento de experiencia profesional



A nosa viaxe continuou coas políticas de emprego da Unión Europea, como podemos traballar en Europa e como nos podemos beneficiar dos recursos existentes mais ala das nosas fronteiras para que no nos atopemos desprotexidos en determinadas situacións. Intersante foi coñecer as redes de información europea non só Eures que resulta a mais coñecida senon tamén en defensa dos nosos dereitos cando son vulnerados como consumidor  que é Solvit.
Eures nos axuda tanto desde o momento inicial cando estamos pensando en traballar fóra do noso territorio nacional onde atopamos información sobre as condicións do país o que queremos ir como na busca de emprego coa captación de ofertas e os empresarios tamén poden empregalo para atopar traballadores
Mencionamos tamén de onde proveñen o financiamento das políticas de emprego .



 E por último no noso periplo finalizou de momento coa iniciativa emprendedora como forma de acceso o mercado laboral en que soubemos os factores de desmotivación para emprender en España que proven dunha serie de factores sociais e culturais como pode ser a case nula valoración social  e tamen outro tipo de factores que leva a que poucas persoas pensen en emprender  xa que a falta de financiamento é para min un dos problemas mais importantes que teñen as persoas que queren crear o seu propio posto de traballo. Ainda que desde o Goberno esta parece ser a solución a todos os problemas, incentivar a creación de emprego por conta propia independemente das actitudes e aptitudes dos cidadáns.


  Pero para levar a cabo a dura tarefa de montar un negocio debemos valernos dun instrumento fundamental que nos vai guiar na nosa nova singladura profesional,  o  plan de empresa, no que se vai materializar por escrito a idea inicial e que vai reflexar o esqueleto do noso negocio e que non só nos vai axudar no momento inicial senon  que é dinámico e vai modificándose de acordo co desenvolvemento da nosa actividade empresarial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario